Adiantamos a todas as lectoras e lectores parte dun capítulo de En vías de extinción, de María Reimóndez. Trátase dunha veta que forma parte do capítulo titulado ‘Abeleira‘ (arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá).
En vías de extinción é unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única. En vías de extinción é unha novela escrita como as vetas das árbores que, dun xeito innovador, nos deixan percorrer das pólas ás raíces. Eis a diversidade cultural, as fendas entre a vida rural e urbana e o potencial de conxugar todas as marxes para facer delas o centro da vida propia.
Pódese ler a continuación: