O sábado 10 de novembro participarei nas II Xornadas de Literatura e Ensino que organiza a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega noMuseo Pedagóxico de Galicia. Escribir e ler na escola de hoxe para a cidadanía de mañá é o lema das xornadas.
Concretamente intervirei, xunto con Fina Casalderrey e Francisco Castro, na mesa redonda titulada Xoga a literatura infanto-xuvenil na 1ª ou na 2ª división?, que terá lugar ás 12.15 horas.
O programa completo das xornadas pódese descargar neste enlace.