No marco da campaña de promoción de En vías de extinción, a escritora María Reimóndez organiza un orixinal sorteo entre as/os lectoras/es coa colaboración de catro librarías galegas.

A acción toma un dos motivos recorrentes de En vías de extinción, a presenza dos cans na vida da protagonista. Tomando esta cuestión como fío condutor, proponse ás lectoras e lectores achegar a unha das librarías participantes fotos de cans (propios ou alleos), que se visibilizarán colgadas dunha pequena árbore. As lectoras e lectores terán que deixar os seus datos nun sobre pechado e participarán no sorteo dun lote de tres novelas da autora (Pirata, Usha e O club da calceta). 
As librarías que participan nesta actividade e que contan cunha árbore dentro da súa tenda  onde as/os lectoras/es deixarán as súas imaxes son:
-Libraría Trama (Lugo).
-Libraría Andel (Vigo).

-Libraría Pedreira (Santiago).
-Libraría Torga-Vento do Sul (Ourense).
Estas catro librarías entregarán postais de ‘En vías de extinción’ a calquera lector/a que merque algunha obra de María Reimóndez ou deixe a foto dun can na árbore. Consulta as bases do concurso para coñecer todos os detalles.
————————————————————————————————–
BASES DO CONCURSO
1. Organizadora do sorteo: 
A escritora María Reimóndez (NIF 33.325.605-P). 
2. Ámbito temporal do sorteo: 
O periodo de participación no sorteo será dende o 14 de febreiro ata o 15 de marzo. 
3. Participantes do sorteo: 
Poderán participar todas as persoas que queiran. 
4. Premio: 
O premio consiste nun lote de libros composto por tres novelas de María Reimóndez (Pirata, Usha e O club da calceta). 
O premio do presente sorteo en ningún caso poderá ser obxeto de cambio, alteración, compensación a petición do/a gañador/a ou cesión a terceiros. 
5. Mecanismo do concurso: 
As/os participantes deberán seguir os pasos establecidos nestas bases: En vías de extinción é unha novela escrita como as vetas das árbores que, dun xeito innovador, nos deixan percorrer das pólas ás raíces. Ademais os cans teñen unha importante presenza, xa que forman parte da vida da protagonista da obra. Neste contexto proponse ás/ós lectoras/es da novela que participen nun sorteo para o que terán que levar unha fotografía dun can á libraría da súa cidade, que deberá ir identificada pola parte de atrás con algún nome, lema ou referencia que deberá constar logo no exterior dun sobre que a persoa deberá deixar pechado na libraría cos seus datos de contacto. O requisito de deixar os datos en sobre pechado ten que ver coa protección de datos, o concurso non implica o anonimato das persoas que participen. (Consultar ao final o listado de librarías participantes). Na libraría as/os lectoras/es atoparán unha pequena árbore onde terán que colgar a súa fotografía e unha caixa na que deixar algún dato de contacto. A cambio disto a/o libreira/o daralle ao/á lector/a unha postal do libro. 
De entre todas as imaxes das/os lectoras/es a autora María Reimóndez, realizará un sorteo entre todas as persoas que participasen. 
O premio consiste nun lote de libros composto por tres novelas da autora (Pirata, Usha e O club da calceta). A entrega do premio realizarase na libraría á que a/o lector/a levase a súa fotografía. O acto será aberto ao público en xeral e participará nel a autora, quen conversará cos asistentes e firmará exemplares. 
O anuncio da/o gañadora así coma o día, hora e lugar de celebración do acto de entrega do premio farase público o día 25 de marzo na páxina web www.enviasdextincion.net
6. Comunicación da/o gañadora: 
O resultado do sorteo notificarase á/ó participante gañador/a mediante o envío dunha mensaxe por correo electrónico. As/os participantes deberán deixar na libraría un sobre pechado cos seus datos de contacto: Nome, apelidos, correo electrónico e cidade. 
A/o gañador/a deberá confirmar a aceptación do premio antes do 28 de marzo (ata as 15 horas). 
No suposto de que a/o gañadora non acepte o premio, non o recolla ou non cumpra co establecido nas presentes bases, o premio quedará deserto. 
7. Reservas e limitacións: 
Os datos deberán ser facilitados pola/o participante de forma veraz. Calquera comunicación falsa de datos persoais dará dereito á organizadora do sorteo a descalificar á gañador/a para participar e poder dispoñer do correspondente premio. A organizadora queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro na captura ou trascripción dos datos facilitados pola/os propias/os participantes que poidan impedir a súa identificación. A organizadora poderá solicitar á premiada/o identificación mediante fotocopia de DNI ou outra documentación válida para verificar a súa identidade. 
A organizadora resérvase o dereito a descalificar calquera fotografía que non cumpra os seguintes requisitos. Vostede afirma e garantiza, con respecto a cada fotografía que envíe, que estas non mostran o seguinte: contigo ameazante, falso, mal interpretable, abusivo, difamatorio, obsceno e/ou escandaloso, non violan os dereitos das persoas á privacidade ou á publicidade, non inclúen marcas comerciais de terceiros, e non infrinxen dereitos de autoría da imaxe. 
8. Protección de datos: 
Os datos persoais que vostede facilite para participar no sorteo usaranse exclusivamente coa finalidade de: poder realizar o desenvolvemento e xestión do sorteo, xestión da entrega do premio e para calquera outra finalidade prevista nas presentes bases. 
9. Aceptación e publicación das bases: 
A participación no sorteo supón a aceptación das presentes bases. 
10. Librarías participantes: 
-Libraría Trama (Lugo). 
-Libraría Andel (Vigo). 
-Libraría Pedreira (Santiago). 
-Libraría Torga-Vento do Sul (Ourense). 
————————————————————