O vindeiro xoves 15 de novembro, ás 20.00 horas terá lugar a presentación de En vías de extinción de María Reimóndez en Pontevedra. O acto celebrarase na Libraría Paz (Peregrina, 29) e contará coa participación de Fran Alonso, Eva Mejuto e María Reimóndez. 



Presentación en Compostela (02/10/2012)

Coma na presentación de Compostela, a autora compartirá cousas especiais do libro con todas as persoas que asistan á presentación. O pasado 2 de outubro arredor de 30 persoas poideron gozar dun evento en Santiago marcado por contidos inéditos relacionados coa obra: unha canción en alemán traducida ao galego, un discurso inédito da protagonista da novela e unha árbore. Non perdas a presentación de Pontevedra, nesta ocasión haberá unha pequena sorpresa moi saborosa! 


Ademais, con gallo deste evento ponse en marcha un sorteo no Twitter do libro: @ViasDeExtincion (www.twitter.com/ViasDeExtincion). A iniciativa consiste en que todas as persoas que leran a novela escriban un tweet (ou varios) contando en tan só 140 caracteres que foi o que máis lles gustou. As persoas interesadas poden enviar os seus tweets co hashtag #paraGaia ata o mércores 14 de novembro ata as 15 horas.


Todos os tweets serán expostos na presentación da novela en Pontevedra e unha man inocente de entre o público escollerá o tweet gañador (que estará nunha caixa co resto de tweets). A persoa que escribira o tweet gañador recibirá dous libros de María Reimóndez: O club da calceta e Usha



>> Bases do sorteo en Twitter: Que foi o que máis che gustou de ‘En vías de extinción’? 


1. Organizadora do sorteo: 
A escritora María Reimóndez (NIF 33.325.605-P). 
2. Ámbito temporal do sorteo: 
O periodo de participación no sorteo será dende o 15 de outubro ás 10 da mañá ata o 14 de novembro ás 15 horas. 


3. Participantes do sorteo: 

Poderán participar todas as persoas que teñan unha conta en Twitter propia e sexan seguidoras/es da páxina de Twitter: @ViasDeExtincion (www.twitter.com/ViasDeExtincion 


4. Premio: 

A autora regalará dous libros seus –O club da calceta e Usha- ao tweet gañador, que será escollido por unha persoa entre o público que asista á presentación da novela En vías de extinción en Pontevedra. A man inocente escollerá o tweet de unha caixa na que se atoparán impresos individualmente todos os tweets. 


O premio do presente sorteo en ningún caso poderá ser obxeto de cambio, alteración, compensación a petición do gañador ou cesión a terceiros. 


5. Mecanismo do concurso: 
Os participantes deberán seguir os pasos establecidos nestas bases, contestando á pregunta feita (Que foi o que máis che gustou de ‘En vías de extinción’?) cun tweet acompañado do hashtag #paraGaia 
A elección do tweet gañador levarase a cabo na presentación de En vías de extinción en Pontevedra o 15 de novembro. 
O anuncio da/o gañadora farase público durante a propia presentación e publicarase tralo remate da presentación no Twitter e na páxina web www.enviasdextincion.net

6. Comunicación da/o gañadora: 

O resultado do sorteo notificarase ao participante gañador/a mediante o envío dunha mensaxe directa para confirmar a aceptación do premio antes do luns 19 de novembro (ata as 15 horas), donde deberá especificar un correo electrónico onde contactala/o. 


No suposto de que a/o gañadora non acepte o premio, non o recolla ou non cumpra co establecido nas presentes bases, o premio quedará deserto. 


7. Reservas e limitacións: 

Os datos deberán ser facilitados pola/o participante de forma veraz. Calquera comunicación falsa de datos persoais dará dereito á organizadora do sorteo a descalificar á gañador/a para participar e poder dispoñer do correspondente premio. A organizadora queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro na captura ou trascripción dos datos facilitados pola/os propias/os participantes que poidan impedir a súa identificación. A organizadora poderá solicitar á premiada/o identificación mediante fotocopia de DNI ou outra documentación válida para verificar a súa identidade. 


A organizadora resérvase o dereito a descalificar calquera tweet que non cumpra os seguintes requisitos. Vostede afirma e garantiza, con respecto a cada tweet que envíe, que estes non mostran o seguinte: contigo ameazante, falso, mal interpretable, abusivo, difamatorio, obsceno e/ou escandaloso, non violan os dereitos das persoas á privacidade ou á publicidade, e non inclúen marcas comerciais de terceiros. 


8. Protección de datos: 
Os datos persoais que vostede facilite para participar no sorteo usaranse exclusivamente coa finalidade de: poder realizar o desenvolvemento e xestión do sorteo, xestión da entrega do premio e para calquera outra finalidade prevista nas presentes bases. 

9. Aceptación e publicación das bases: 

A participación no sorteo supón a aceptación das presentes bases.