O club de lectura da escola de educación secundaria para adultos, EPAPU de Teixeiro, está a traballar coa obra de María Reimóndez Dende o conflicto.
O alumnado está a analizar a obra desde un punto de vista literario e histórico ademais de crear unha exposición sobre a novela.
Como colofón de todas estas actividades, o centro convidou a autora a compartir co alumnado as impresións e experiencias en torno a obra.