NOVAS - page 19

Nova novela!

Nova novela!

En vías de extinción é o título da miña nova novela que chega esta semana ás librarías. É un libro certamente especial para min que espero ir debullando con todas e todos vós pouco a pouco. A nosa primeira cita será o día 2 de…

Continue reading →

A primavera literaria en Cataluña e Galicia. Universität Heidelberg (2012)

A primavera literaria en Cataluña e Galicia. Universität Heidelberg (2012)

María Reimóndez participará nunha mesa redonda (en gallego, catalán e español) titulada A primavera literaria en Cataluña e Galicia co autor catalán Francesc Serés. O acto, que organiza o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Heidelberg, terá lugar o 21 de maio de 2012.  

Continue reading →

Poema “As que rubimos montañas”

Poema “As que rubimos montañas”

Aquí podedes acceder ao poema co que contribuín ao libro “As que rubimos montañas”, unha iniciativa de autoras galegas e etíopes posta en marcha por Implicadas no Desenvolvemento e que vos animo a adquirir a través da plataforma Meubook. Por 12 euros podedes gozar de…

Continue reading →

As que rubimos montañas

As que rubimos montañas

Dende o ano 2008 levamos traballando en Implicadas no desenvolvemento e eu persoalmente pola publicación deste libro de poetas galegas e etíopes, que despois de moitas dificultades conseguimos que vexa a luz estes días. “As que rubimos montañas” é un volume que busca achegarnos as…

Continue reading →

Lectura na Haus des Buches en Leipzig (2012)

Lectura na Haus des Buches en Leipzig (2012)

O 13 de marzo de 2012 o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig (Alemaña) e María Reimóndez organizaron unha lectura e debate ao redor de Pirata, novela da escritora galega. O video recolle un momento do acto.

Continue reading →

No día da poesía

No día da poesía

Aquí vos deixo un poema de Moda Galega Reoladed, o poemario que revisa Moda Galega 10 anos despois e que agardo que poidades ler neste 2012! Feliz día da poesía e arriba todas as poetas! Unha pensaría que en dez anos a cousa ía mellorar…

Continue reading →

A tradución no contexto sociolingüístico de Galicia. Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig (2012)

A tradución no contexto sociolingüístico de Galicia. Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig (2012)

O 16 de marzo de 2012 María Reimóndez impartiu en Leipzig (Alemaña) unha conferencia sobre a tradución no contexto sociolingüístico de Galicia. Foi a actividade final do curso intensivo de galego inicial que se impartiu nesas datas no Centro de Estudos Galegos da Universidade de…

Continue reading →

Lectura na Feira do Libro de Leipzig

Lectura na Feira do Libro de Leipzig

Velaquí vos deixo a nota de prensa que enviou o Centro de Estudos galegos de Leipzig aos medios tras a lectura de onte que foi estupenda! ÉXITO DA LECTURA DE MARÍA REIMÓNDEZ NA FEIRA DO LIBRO DE LEIPZIG Un nutrido número de persoas astiron onte…

Continue reading →

Premio Dora Vázquez

Premio Dora Vázquez

Este ano o Concello de Arteixo convocou novamente o seu estupendo concurso de relatos que trataba desta volta sobre “Muller e deporte”. Pois ben, onte recibín o premio no Concello e podedes ler o artigo gañador aquí ou ben escoitar non só o artigo gañador senón…

Continue reading →

Feminismos no Diario Cultural

Feminismos no Diario Cultural

Onte participei coas compañeiras Mª Xosé Agra e Teresa Moure nesta tertulia sobre os feminismos no estupendo Diario Cultural, agardo que vos interese! Podedes escoitalo aquí.    

Continue reading →

Page 19 of 21 ← First ... 17 18 19 20 21