A dúbida

O luns, 4 de xullo, ás 20:30 horas, preséntase na Feira do Libro de Vigo (Porta do Sol) a novela “A dúbida” de María Reimóndez. A autora estará acompañada pola psicóloga Gema Zunzunegui e polo editor Manuel Bragado.

“A dúbida” aborda temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política con sutileza e rigor. Creáronse en torno á obra unha serie de vídeos nos que diferentes persoas relacionadas co tema dos abusos sexuais a menores falan da relevancia da novela para o seu traballo e para a visibilización deste tipo de violencia. Deixámosvos a ligazón ao primeiro deles:

https://www.youtube.com/watch?v=8f53LSu5HIY

“Aínda sigo co corazón nun puño”. Miriam Abalo Pérez

“É dura. Lese dun tirón. Empecei e non fun quen de parar”. Silvia Martínez Álvarez