O martes, 2 de agosto, ás 20:30 horas, preséntase na Feira do Libro da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) que se extenderá do 1 ao 10 de agosto, a novela “A dúbida” de María Reimóndez. A autora estará acompañada por Eli Ríos e polo editor Manuel Bragado.

“A dúbida” aborda temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política con sutileza e rigor.

Creáronse en torno á obra unha serie de vídeos nos que diferentes persoas relacionadas co tema dos abusos sexuais a menores falan da relevancia da novela para o seu traballo e para a visibilización deste tipo de violencia. Deixámosvos a ligazón á lista de youtube.

https://www.youtube.com/playlist?list=PLyF60SNNlIMOaNXx5KAAfGj5HzCtsM1VR

a_dubida_feira_coruña