MICHIGAN2

Este encontro, organizado polo Galician Studies Research Group da University of Wisconsin- Milwaukee, ten como obxectivo reunir a profesionais da investigación e do ensino que traballan no campo dos Estudos Galegos nas universidades de Norteamerica e doutros países anglófonos e no mundo académico galego e ibérico, ademais de artistas e intelectuais da cultura galega contemporánea.

María Reimóndez, xunto a Pemón Bouzas e Suso de Toro participará o xoves 21 de abril nunha Special Session moderada por Teresa Vilarós da Texas A&M University.

Representantes do cine, da literatura e da comunicación galega actual estarán presentes para falar tanto da súa propia produción e do estado do mercado artístico galego como para debater coas investigadoras e investigadores que participarán neste simposio norteamericano de Estudos Galegos.