Un ano máis este domingo día 8 de xaneiro, ás 20.30 no Teatro Principal de Santiago de Compostela chega o festival IMPLÍCATE, Noite de música e palabra solidaria, que Implicadas no Desenvolvemento leva adiante por sétima edición. Yolanda Castaño e Luís Tosar presentarán esta noite chea de música, teatro, danza e palabra. Consulta o cartel completo aquí e non esquezas mercar a túa entrada canto antes! Tamén podes axudarnos a cubrir os gastos do festival grazas á iniciativa de crowdfunding ou mercar a túa fila 0.