O escritor Fran Alonso escolle En vías de extinción, de María Reimóndez, como lectura recomendada para este verán no xornal dixital Praza Pública. Trátase, segundo Fran Alonso, “dunha novela directa, desconcertante, profundamente sincera, protagonizada por un personaxe chamado Gaia, e constitúe unha reivindicación do valor da diferenza e da singularidade nos nosos días como elemento imprescindible para construír a pluralidade”.

Praza Pública falou cunha ducia de escritoras e xornalistas e elaborou un interesante listado de recomendacións para ler durante as vacacións. Podes consultar todo o listado no propio xornal.