Dende o ano 2008 levamos traballando en Implicadas no desenvolvemento e eu persoalmente pola publicación deste libro de poetas galegas e etíopes, que despois de moitas dificultades conseguimos que vexa a luz estes días. “As que rubimos montañas” é un volume que busca achegarnos as voces dunha mada de autoras etíopes para rachar co silencio que rodea ás mulleres do país na nosa sociedade e engarzalas coas voces de autoras que están a carón de Implicadas de forma permanente. Non perdades esta oportunidade única de viaxar e coñecer a través da poesía!

Podes mercar o libro aquí